santo -ta

< lat sanctu
Pliral: santos Masculino: santo Masculino plural: santos Femenino: santa Femenino plural: santas
  1. adx Relativo ou pertencente a Deus ou á relixión.
  2. adx Atributo da divindade, na medida en que é sumamente venerable.
  3. adx Que se fai conforme á relixión.
  4. adx Que produce un efecto bo e saudable.
  5. adx p ext Aplícase a todo aquilo que se relaciona con Cristo, coa Igrexa, cos seus sacramentos e coas súas crenzas.
  6. s RELIX Persoa que destacou en vida pola súa virtude, e despois de morta foi declarada pola Igrexa digna de loanza. Tm adx. OBS: A forma santo adoita empregarse diante dos nomes propios masculinos que comezan por vogal, excepto Santo Cristo de Fisterra, mentres a forma san se emprega diante de nomes propios masculinos que comezan por vogal.
  7. s Imaxe que representa un santo.
  8. s Persoa que é moi boa.
  9. s m Día en que se celebra a festa dun santo.
  10. s m Ilustración dunha publicación.
  11. RELIX
    1. s m Sala do templo de Xerusalén que se atopaba diante do sancta sanctorum onde estaba o altar de ouro do incenso, a mesa dos pans e o candelabro dos sete brazos.
    2. santo dos santos sancta sanctorum.
  12. s m pl novembro.

Citas

  • Pasou toda a santa noite chorando

Frases hechas

  • 2 Ser mala persoa.
  • Baixar os santos do ceo. Blasfemar.
  • Facerlle perder a paciencia a un santo/Acabar coa paciencia a un santo. Desesperar a un.
  • Ser un santo 1 Ser boa persoa.

Refranes

  • Despois do san Martiño deixa a auga e bebe o viña.
  • Do bo viño novo bota un traguiño polo san Martiño.
  • O san Matías anda co Entroido ás porfías.
  • Pola santa bícase a peaña.
  • San Andrés de Teixido do morto fai o vivo.
  • San Antón vello e tristeiro convida as rapazas ao rezadeiro.
  • Santo, santo, pero non tanto.
  • Tódolos santos teñen novena e hainos que teñen festa.
  • Uns nacen para santos e outros para pes de bancos.
  • ¡Aí vén san Cristovo co seu covo!
  • ¡Meu san Antonio casamenteiro, rógoche un mozo garrido e solteiro!