salto

< lat saltu
Pliral: saltos
  1. s m
    1. Acción e efecto de saltar.
    2. DEP Proba atlética que consiste en acadar unha marca en altura ou en lonxitude.
  2. s m Distancia que se percorre ao dar un salto.
  3. s m Paso dunha cousa a outra ou un estado a outro sen transición.
  4. s m Descontinuidade ou oco nunha serie de cousas ou nas partes que forman un todo.
  5. s m INFORM Alteración na execución secuencial das instrucións ou sentenzas dun programa.
  6. salto de auga XEOG Desnivel brusco, natural ou artificial, dun curso de auga.

Refranes

  • A gran salto, gran crebanto.
  • Se salta a cabra na viña, tamén saltará a filla.