saír

< lat salīre
  1. v i Pasar do interior dun lugar pechado para o exterior.
  2. v i Deixar momentaneamente un lugar para facer algunha cousa.
  3. v i Deixar de estar nunha situación determinada.
  4. v i Manter unha relación sentimental ou de amizade con alguén.
  5. v i Ter alguén parecido físico ou psíquico con alguén de quen descende.
  6. v i Dicir ou facer algunha cousa que non se esperaba.
  7. v i Manifestarse ou facer aparición algo.
  8. v i Resultar exactamente da maneira que se expresa.
  9. v i Chegar algo á súa solución ou dar co resultado.
  10. v i Tocar a unha cantidade nunha repartición.
  11. v i Custar algo unha determinada cantidade de diñeiro.
  12. v i Desaparecer unha mancha.
  13. v i Ser levado fóra dun lugar.
  14. v i Resultar elixido por sorteo ou votación.
  15. v i Ir dar unha rúa ou outra vía ao sitio que se indica.
  16. v i Sobresaír de maneira apreciable para fóra.
  17. v i Ser o primeiro en xogar.
  18. v i Desbordar por fóra do recipiente en que está contido.
  19. v i Alcanzar a alguén que vai diante, collendo por outro camiño.
  20. v i Ter algo a súa orixe naquilo que se expresa.
  21. v i Presentarse unha oportunidade de mellora.

Citas

  • A graxa sae moi mal da roupa
  • As camisas saen a vinte euros
  • As palabras saíanlle do corazón
  • Este ano os allos saíron con moita forza
  • Este camiño sae á praza
  • Este sábado saímos en Vigo
  • Estes libros nunca saíron da biblioteca
  • María sae a seu pai
  • Miña tía saíu co panadeiro
  • Nesta partida saio eu
  • Non me saen os cálculos
  • O balcón sae moito da fachada
  • O leite saíu do cazo
  • O Sol sae polo leste
  • O tren sae ás catro e media
  • Saes con cada disparate!
  • Saímos a trinta euros por cabeza
  • Saímos mañá para Lisboa
  • Sairemos deste problema
  • Sairía elixido se se presentase
  • Saístes o domingo na prensa
  • Saíu da bañeira e esvarou
  • Saíu da nada, Non sei de onde saen tantos problemas
  • Saíu todo o que nos dixo
  • Saíulle un traballo en Londres
  • Vai indo, eu sáioche logo no semáforo

Palabras vecinas

Verbo: saír
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saio

saes

sae

saímos

saídes

saen

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saía

saías

saía

saïamos

saïades

saían

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saín

saíches

saíu

saímos

saístes

saíron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saíra

saíras

saíra

sairamos

sairades

saíran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sairei

sairás

sairá

sairemos

sairedes

sairán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

sairía

sairías

sairía

sairiamos

sairiades

sairían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saia

saias

saia

saiamos

saiades

saian

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saíse

saíses

saíse

saisemos

saisedes

saísen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saír

saíres

saír

saírmos

saírdes

saíren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

sae

-

-

saíde

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

saír

saíres

saír

saírmos

saírdes

saíren

Gerundio

saíndo

Participio

saído

saída

saídos

saídas