sabor

< lat sapōre
Pliral: sabores
  1. s m Propiedade que teñen moitas cousas de afectar ao órgano do gusto ou aos órganos do gusto e do olfacto.
  2. s m FISIOL
    1. Sensación percibida polo sentido do gusto.
    2. Sensación producida na boca e percibida principalmente polos sentidos do gusto e do olfacto, pero tamén polos receptores dolorosos, táctiles e térmicos.
  3. s m FÍS Termo empregado para distinguir os diferentes quarks ou leptóns.

Refranes

  • Ben sabe o bo bocado se non custase caro.
  • Despois de uvas e mel sabe mal o viño pero fai ben.