rotación

< lat rotatiōne
Pliral: rotacións
    1. s f Acción e efecto de dar voltas arredor dun eixe.
    2. s f Movemento dun sólido en que os seus puntos describen circunferencias cos centros aliñados e fixos, contidos nunha recta denominada eixe de rotación.
    3. s f ASTRON Movemento dun astro arredor dun eixe, denominado eixe de rotación.
    4. s f Desprazamento sen deformación dunha figura, de xeito que no seu movemento cada un dos puntos vira co mesmo ángulo e no mesmo sentido arredor dunha recta determinada.
    5. rotación óptica FÍS actividade óptica.
  1. Sucesión periódica segundo unha orde determinada.
  2. Transformación xeométrica que constitúe un dos movementos ríxidos do plano ou do espazo e que conserva as distancias e a orientación das figuras sobre as que se aplica.

Palabras vecinas