sfFlor da roseira que presenta os pétalos de cores variadas e un perfume moi agradable.
rosa de Xericó [Anastatica hierochuntica]Planta herbácea anual, pilosa, da familia das brasicáceas que presenta as follas ovais e dentadas, as flores brancas, dispostas en acios pequenos, e froitos en silícula.
sf p extCalquera outra flor.
sfObxecto que ten forma de rosa.
rosa de ouroRELIXFigura de rosa en ouro que o papa bendicía o cuarto domingo de Coresma e transmitía como don a algún soberano ou a certos santuarios.
rosa do desertoMINERALAgregado cristalino de xeso, propio de zonas moi áridas, en que as láminas de crecemento adoptan formas de rosa.
rosa dos ventosMETEORDiagrama que se utiliza en meteoroloxía e climatoloxía para resumir as observacións dos ventos, recollidas durante un período de tempo longo.
rosa dos ventos/náuticaMARCírculo dividido en trinta e dúas partes iguais, denominadas cuartos, rumbos ou ventos, que indican os catro puntos cardinais e vine e oito intermedios sobre os que se efectúan as indicacións das agullas náuticas.
adxQue é de cor vermella pero moito máis clara. Tm s m, referido a cor.