rexión

< lat regĭōne
Pliral: rexións
    1. s f XEOG/DER Extensión de territorio definida seguindo uns criterios de uniformidade que lle dan coherencia interna. Distínguese entre rexións naturais, xeográficas, económicas, metropolitanas e outras.
    2. rexión zooxeográfica/faunística ZOOL Zona xeográfica que se distingue sobre a superficie terrestre se se teñen en conta as afinidades e as diferenzas faunísticas. Diferéncianse as rexións paleártica, neártica, neotropical, etiópica, oriental e australasiática.
  1. rexión anatómica ANAT Zona ou parte en que se pode considerar dividido, naturalmente ou arbitrariamente, o corpo humano.