revolución

< lat revolutĭōne ‘xiro, volta’
Pliral: revolucións
    1. s f Cambio total ou radical.
    2. s f POLÍT Cambio drástico das institucións políticas e sociais, ou das estruturas económicas dunha sociedade.
    3. revolución demográfica DEMOG Conxunto de cambios demográficos experimentados polas poboacións europeas durante a Revolución Industrial.
    4. revolución permanente POLÍT Teoría formulada por K. Marx e desenvolvida por Trockij que parte da idea de que a revolución non debe aceptar ningunha forma de dominación de clase, e postula a necesidade de superar a ditadura do proletariado para chegar ao socialismo.
    1. s f FÍS Movemento de rotación dun corpo arredor dun eixe.
    2. s f FÍS olta que dá un corpo en revolución.
    3. revolucións por minuto [rpm] METROL Unidade de velocidade angular que equivale ao número de veces que un corpo que rota en torno a un eixe volve á súa posición inicial nun minuto.
  1. ASTRON
    1. s f Movemento dun astro que describe unha órbita, arredor dun astro fixo.
    2. revolución anomalística mes anomalístico.
    3. revolución dracónica Movemento de revolución da Lúa arredor da Terra, cando se toma como orixe o nodo ascendente. O seu período é de 27 días, 5 horas, 5’ e 35,8’’.
    4. revolución sideral Movemento dun astro que, partindo dunha posición respecto das estrelas fixas, o volve situar na mesma posición inicial.
    5. revolución sinódica Movemento dun astro que, partindo dunha conxunción respecto ao Sol e á Terra ou dunha oposición, o volve situar en conxunción ou en oposición.

Refranes

  • A río revolto ganancia de pescantíns.
  • Unha mala abella revolve unha colmea I un covo.