retirar

< re- + tirar
  1. v t Separar ou apartar algo ou a alguén do lugar onde estaba.
  2. v t Facer que alguén deixe de prestar servizo activo nunha profesión.
  3. v t Privar a alguén de algo que era seu.
  4. v t Recuperar algo do lugar onde estaba gardado ou depositado.
  5. v t Espresar alguén que non mantén o que antes dixera.
  6. v t Deixar de dar o que se expresa.
  7. v t Facer que algo deixe de estar en uso.
  8. v pron Afastarse dun lugar ou dunha cousa.
  9. v pron Deixar de prestar servizo activo nunha profesión.
  10. v pron Abandonar unha competición deportiva antes de que esta chegue á súa fin.
  11. v pron Abandonar ou retroceder un exército do lugar onde loitaba.
  12. v pron Marchar para un lugar a descansar ao remate do día.
  13. v pron Ir vivir a un lugar afastado e tranquilo.

Sinónimos

Citas

  • Aos trinta anos retirouse a un mosteiro
  • É hora de que retires a túa moto
  • Quero que retires o que dixeches, Retirou as súas acusacións
  • Retiraron o batallón das manobras, Retirou o pastel do forno
  • Retirárono antes de tempo
  • Retiráronse antes da batalla
  • Retirou vinte euros do caixeiro automático, Retirou o coche que estaba mal estacionado
  • Retiroulle a fala
  • Retiroulle a paga, O axente retiroume o pasaporte
  • Retirouse á noitiña, Retirouse ao seu cuarto
  • Retirouse da estrada, Retirouse do seu lado
  • Retirouse do exército moi novo
  • Retirouse do partido na primeira parte

Palabras vecinas