restrición

< lat restrictĭōne
Pliral: restricións
  1. s f Acción e efecto de restrinxir.
  2. s f PAT Diminución da capacidade pulmonar sen obstrución bronquial, que non afecta á ventilación máxima por minuto.
  3. restrición mental FILOS Acto que consiste en facer mentalmente limitacións a aquilo que se di, pensando que iso autoriza a eludir o cumprimento ou permite non dicir a verdade sen mentir.
  4. restricións económicas ECON Limitacións ao funcionamento normal da competencia entre empresas nas economías capitalistas.

Formas incorrectas

restricción