residencia

< residente
Pliral: residencias
    1. s f Acción ou feito de residir.
    2. s f DER Permanencia, máis ou menos continuada, dunha persoa nun lugar determinado para residir nel.
    3. permiso de residencia DER Concesión oficial feita a un estranxeiro pola autoridade do país en que se atopa, para poder residir nel durante un tempo determinado.
  1. s f
    1. Lugar onde se reside.
    2. Edificio onde conviven habitualmente diferentes persoas baixo unha regulamentación común e vinculados por motivos de idade, traballo ou condición.
    3. DER Edificio en que unha autoridade ou corporación ten o seu domicilio e exerce as súas funcións.
  2. s f MED Período de formación dunha especialidade médica que se realiza en hospitais acreditados e que ten unha duración de entre tres e cinco anos.