repeler

< lat repellĕre
  1. v t Facer que algunha cousa ou persoa retroceda ou se afaste de un.
  2. v t FÍS
    1. Tender un corpo a separarse doutro por unha acción recíproca a distancia.
    2. Exercer forzas sobre un corpo evitando que dito corpo se achegue ao axente físico que exerce as forzas sobre el.
  3. v i Causar repugnancia ou unha sensación desagradable.

Sinónimos

Citas

  • Repéleme ter que velo na reunión
  • Repeleron os manifestantes violentos con gases lacrimóxenos