aproximación

< aproximar
Pliral: aproximacións
  1. s f Acción e efecto de aproximar ou aproximarse.
  2. s f Cálculo ou valoración que se achega de forma pouco exacta.
  3. s f AERON Conxunto de manobras feitas por un avión para preparar a aterraxe, mediante operacións visuais ou instrumentais.
  4. s f BÉL Fase da batalla na que se achegan os medios propios ao inimigo.
  5. MAT
    1. s f Orde do tamaño das desviacións que os valores medidos ou calculados dunha magnitude nun sistema presentan respecto ao valor teórico que cumpriría con exactitude a lei matemática que determina dito sistema.
    2. método das aproximacións sucesivas Procedemento de construción dunha serie de números, a n , que se achegan, a medida que crece, a un número incógnita ou que se quere determinar.

Sinónimos

Citas

  • A aproximación entre os dous barcos orixinou unha situación de perigo
  • No sorteo obtiveron premio as aproximacións do nove mil