remontar

< re- + montar
  1. v t Subir por un lugar superando obstáculos.
  2. v t Superar unha dificultade.
  3. v t Elevar polo aire a grande altura.
  4. v t Poñer novas solas ao calzado.
  5. v t DEP Superar un resultado adverso nunha competición ou avanzar na clasificación.
  6. v t Poñer remontas a unha chaqueta ou pantalón.
  7. v t BÉL Prover de novos cabalos ou mulas a cabalaría do exército ou dun corpo montado.
  8. v pron Elevarse a unha altura superior unha ave ou un avión.
  9. v pron Alcanzar retrospectivamente unha determinada época do pasado.
  10. v pron Pertencer a unha época pasada.

Citas

  • A embarcación remontou o río Lérez
  • Cando curei o paxaro remontouse e case non o vía
  • O Celta remontou un tres a cero
  • O manuscrito atopado remóntase ao século XV
  • O vento remontou o globo e perdeuse
  • Os feitos remóntanse ao século pasado
  • Remontaron a súa crise matrimonial
  • Remontei a chaqueta de coiro nos cóbados
  • Remontei as botas do inverno para gardalas

Frases hechas

  • Remontar o voo. Elevarse voando a unha grande altura.

Palabras vecinas