remisión

< lat remissiōne
Pliral: remisións
  1. s f Acción e efecto de remitir ou remitirse.
  2. s f
    1. DER Perdón ou condonación total ou parcial dunha débeda, dunha culpa ou dunha obriga renunciando aos propios dereitos de compensación, de satisfacción ou de querela.
    2. RELIX Perdón dos pecados e primeiro efecto do sacramento da penitencia mediante a efusión da graza.
  3. s f LIT Indicación coa que nun escrito se envía ao lector a outro lugar para obter unha explicación mellor dunha cousa. 
  4. s f PAT Diminución da intensidade dos síntomas dunha enfermidade.