rematar

< re- + matar
  1. v t Poñer fin a aquilo que se estaba realizando.
  2. v t Acabar de matar a unha persoa ou animal que estaba agonizando.
  3. v t Facer ou colocar un remate nun tecido ou noutra cousa.
  4. v i Chegar algo á súa fin ou ao seu remate.
  5. v i DEP Tirar á portaría o balón que se recibe doutro xogador.

Citas

  • A costureira rematou os baixos do pantalón cun fío negro
  • O festival rematou a semana pasada
  • O futbolista rematou de cabeza
  • O paraugas remata en punta
  • Rematei o exame, OBS: Cando aquilo que finaliza está expresado en infinitivo, este vai precedido da preposición de, Xa rematei de comer
  • Rematou o can porque xa non tiña salvación