reiseñor

< occit antigo rossinhol
Pliral: reiseñores
  1. s m ANIMAL/ORNIT Paseriforme de pequeno tamaño, sen dimorfismo sexual, coa plumaxe de cores pardas e arrubiadas.
  2. reiseñor común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos túrdidos, coa plumaxe dorsal parda, a ventral máis clara e o anel ocular branco, que vive en zonas boscosas e nas ribeiras dos ríos, alimentándose de insectos, larvas, miñocas e algúns froitos.
  3. reiseñor da auga ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos sílvidos, coa plumaxe dorsal parda arrubiada e a ventral branca, o peteiro fino e unha mancha linear máis clara enriba do ollo, que vive en bosques preto de zonas acuosas alimentándose de insectos e sementes.

Sinónimos