sHISTPersoa que exerce a soberanía dun reino, cuxo cargo pode ser electivo, hereditario, absoluto ou constitucional.
sp extPersoa, animal ou cousa que destaca pola súa importancia ou excelencia, sobre todo ante os outros da mesma especie, rango ou clase.
sm figNome afectuoso que se dá a un neno ou a unha persoa moi querida.
smANIMAL/ICTPeixe, da familia dos lábridos, que presenta o corpo alongado, o fociño agudo e as escamas pequenas e no que as femias son de cor laranxa e os machos verdosos.
sm plFestividade da Epifanía en que se conmemora a adoración dos Reis Magos ao Neno Xesús, e que se celebra o 6 de xaneiro.
smXOGO
Peza principal do xogo do xadrez que pode moverse en todas as direccións.
Carta da baralla que leva pintada a figura dun rei.
smRELIXTítulo que se daba na Antigüidade ao deus Moloc, rei de Canaán, a Xúpiter, rei dos deuses, ou a Plutón, rei dos infernos. Tamén lle foi dado a Iahvé no AntigoTestamento e representaba un poder xeral.
rei de armasHISTOficial real, antigamente chamado heraldo, que tiña como función declarar a guerra e publicar a paz, asistir ás cerimonias e distinguir e determinar os escudos das liñaxes e as familias.
Refranes
A onde vai o rei, alí vai a corte.
Antes bo rei que boa leí.
Cada un na súa casa é un reí.
Cal o rei, tal a leí.
Cedo acordou o rei que rabíou.
De cando en cando ao rei gústalle o rancho.
Díante do rei todos calan, pero detrás del todos falan.
Enriba do reí está a leí.
Na terra dos cegos o torto é un reí.
O rei non está obrigado á leí.
Ó rei non o ofendas nín te metas nas súas rendas.
O rei nunca se equivoca.
O rei reína, pero non gobema.
Onde está o rei, está a corte.
Onde o rei non está, ninguén o atopará.
Pode dicir que é rei o que non viu ao reí.
Reí morto, reí posto; pero vale máis o vivo có morto.