aprendiz -za

Pliral: aprendices Masculino: aprendiz Masculino plural: aprendices Femenino: aprendiza Femenino plural: aprendizas
  1. s Persoa que aprende algún oficio.
  2. s Persoa que ten pouca experiencia nunha materia.
  3. s m HIST Mozo que traballaba baixo a tutela dun mestre para aprender un oficio.
  4. s m HIST Primeiro dos tres graos básicos da francmasonaría.

Refranes

  • Aprendiz de moitas ciencias, mestre de poucas sabencias.
  • Quen polo aprendiz deixa o ferreiro, gasta o ferro e perde diñeiro.
  • ¡Deus me garde de aprendiz novo e de barbeiro vello!

Palabras vecinas