refrixerante

< refrixerar
Pliral: refrixerantes
  1. adx Que refrixera.
  2. adx MED Que diminúe exteriormente a temperatura da pel e contribúe así á acción antitérmica doutros medicamentos.
    1. s m FÍS Fluído de características apropiadas para absorber enerxía calorífica a un nivel determinado de temperatura e transportala a un nivel diferente.
    2. axente refrixerante / QUÍM/IND Axente, xeralmente líquido, de baixo punto de ebulición, que se emprega para absorber calor dun medio mediante a súa vaporización.
  3. s m
    1. TECNOL Aparato que permite arrefriar un medio ou condensar un vapor mediante a circulación dun fluído frío.
    2. QUÍM Aparato que serve para arrefriar o condensado obtido nunha montaxe de destilación, para recollelo a unha temperatura adecuada e minimizar as perdas por evaporación.
    3. QUÍM Peza dunha montaxe de destilación ou de refluxo, en forma de tubo, onde se condensa o vapor e se arrefría o líquido condensado.