reflector -ra

< reflectir
Pliral: reflectores Masculino: reflector Masculino plural: reflectores Femenino: reflectora Femenino plural: reflectoras
  1. adx Que reflicte.
  2. adx FÍS/TECNOL Que envolve o núcleo dun reactor nuclear e reduce a fuxida de neutróns cara ao exterior. Tm s m, referido a material.
  3. s m FÍS Superficie pulida para producir unha reflexión.
  4. s m FÍS Dispositivo destinado a modificar a distribución espacial do fluxo luminoso dunha fonte, baseado no fenómeno da reflexión.
  5. s m COMUN Elemento dunha antena que serve para reflectir as ondas hercianas.