recto -ta

Pliral: rectos Masculino: recto Masculino plural: rectos Femenino: recta Femenino plural: rectas
    1. adx Que non cambia de dirección.
    2. adx Aplícase á persoa que non se desvía do seu deber nin do que é correcto.
    3. adx MAT Que ten o eixe ou as arestas laterais perpendiculares á base.
    4. adx Aplícase ao dereito dun folio ou dunha carta, por oposición a verso.
  1. s m
    1. ZOOL Última parte do tubo dixestivo dos vertebrados, que acaba no ano ou na cloaca.
    2. ANAT Segmento terminal do intestino groso do home, de traxecto máis ou menos rectilíneo, que se prolonga ata o orificio do ano.
    3. ZOOL Último tramo do tubo dixestivo dalgúns invertebrados, como os moluscos e os insectos.