sfDERRecoñecemento dun erro ou corrección dun defecto do que poderían derivarse prexuízos para un terceiro.
sfFÍSConversión dunha corrente alterna a unha corrente unidireccional.
sfMATDeterminación da lonxitude ou do arco dunha curva.
TECNOL
sfOperación de acabado a que se someten as pezas mecanizadas para corrixir as súas superficies.
rectificación do cegoñalOperación que consiste en rectificar de novo os colos e os cóbados do cegoñal para que se axusten perfectamente.
rectificación dun cilindroOperación para axustar escrupulosamente o cilindro dun motor a un pistón novo, para que o seu desprazamento sexa correcto.
QUÍM
sfDestilación fraccionada á que se somete un líquido para purificalo ou separar os seus constituíntes.
rectificación azeotrópicaRectificación que se realiza con mesturas que resultan difíciles de separar por destilación simple, mediante a adición dun axente separador que forme un azeótropo cun dos compoñentes da mestura, que teña un punto de ebulición menor ca os compoñentes da mesma.
sfTÉXTOperación de acabado dos tecidos para poñer rectos os fíos da trama arqueados.