rectificación

< lat rectificatĭōne
Pliral: rectificacións
  1. s f Acción e efecto de rectificar.
  2. s f DER Recoñecemento dun erro ou corrección dun defecto do que poderían derivarse prexuízos para un terceiro.
  3. s f FÍS Conversión dunha corrente alterna a unha corrente unidireccional.
  4. s f MAT Determinación da lonxitude ou do arco dunha curva.
  5. TECNOL
    1. s f Operación de acabado a que se someten as pezas mecanizadas para corrixir as súas superficies.
    2. rectificación do cegoñal Operación que consiste en rectificar de novo os colos e os cóbados do cegoñal para que se axusten perfectamente.
    3. rectificación dun cilindro Operación para axustar escrupulosamente o cilindro dun motor a un pistón novo, para que o seu desprazamento sexa correcto.
  6. QUÍM
    1. s f Destilación fraccionada á que se somete un líquido para purificalo ou separar os seus constituíntes.
    2. rectificación azeotrópica Rectificación que se realiza con mesturas que resultan difíciles de separar por destilación simple, mediante a adición dun axente separador que forme un azeótropo cun dos compoñentes da mestura, que teña un punto de ebulición menor ca os compoñentes da mesma.
  7. s f TÉXT Operación de acabado dos tecidos para poñer rectos os fíos da trama arqueados.