reactor

< ingl reactor
Pliral: reactores
  1. s m AERON Motor de reacción que consome o osíxeno do aire como comburente e que funciona por reacción directa, sen accionar apenas a hélice.
  2. s m AERON Avión que funciona cun ou máis motores de reacción.
  3. s m QUÍM Recipiente no que se efectúa industrialmente unha reacción química.
  4. reactor nuclear FÍS Dispositivo deseñado para producir, de maneira controlada, unha reacción nuclear, coa finalidade de aproveitarse da enerxía ou da radiación liberada.