ramificación

< ramificar
Pliral: ramificacións
  1. s f Acción e efecto de ramificarse.
  2. BOT
    1. s f Acción de botar ramas.
    2. s f Disposición das pólas dunha planta.
    3. ramificación monopódica Tipo de ramificación en que o eixe principal domina as ramas secundarias que saen del.
    4. ramificación simpódica Tipo de ramificación onde o eixe principal non domina as ramas secundarias.
  3. s f ANAT Póla ou división dos vasos e nervios que nace nun tronco común.
  4. s f QUÍM Cadea secundaria, simple ou complexa, que ten orixe na cadea carbonada principal dun composto orgánico.
  5. s f Cada unha das partes ou divisións dunha cousa ramificada.