racionalismo

< racional
Pliral: racionalismos
  1. s m Actitude en virtude da que se busca unha comprensión ou unha interpretación das cousas dun xeito exclusivamente racional.
  2. s m
    1. FILOS Doutrina filosófica que defende a razón como a única fonte absolutamente válida, fronte á experiencia sensible ou afectiva, para o coñecemento, a comprensión ou a interpretación verdadeira da realidade.
    2. RELIX Doutrina que interpreta e fundamenta as crenzas relixiosas exclusivamente a partir da razón.
  3. s m ARTE/ARQUIT Movemento arquitectónico iniciado arredor de 1918, que se caracterizou pola concepción do edificio de dentro a fóra, pola planta e a fachada libres e polo uso de elementos prefabricados.