rabirrubio

< rabo + rubio
Pliral: rabirrubios
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave do xénero Phoenicurus, da familia dos túrdidos, que se caracteriza por ter o rabo rubio e dimorfismo sexual.
  2. rabirrubio real ANIMAL/ORNIT Rabirrubio en que o macho ten a plumaxe ventral, o peito e o rabo de cor rubia, o dorso grisáceo, e o rostro e gorxa negros, mentres que a femia é de cor parda polo dorso e clara polo ventre, coa cola rubia.
  3. rabirrubio tizón ANIMAL/ORNIT Rabirrubio de plumaxe negra, co ventre branco, e mitra e rabo rubios, no caso do macho, e plumaxe parda cincenta nas femias, co rabo tamén rubio.

Palabras vecinas