quiste

< gr κύστις ‘vexiga’
Pliral: quistes
  1. PAT
    1. s m Produción patolóxica que se desenvolve en diversos lugares do organismo, en forma de bolsa pechada, e que está provista dunha membrana cun contido líquido ou semilíquido.
    2. quiste hidatídico Quiste que está formado polo crecemento dunha larva da tenia do xénero Echinococcus no fígado e no pulmón.
    3. quiste ovárico Saco tumoral cheo de líquido ou dun material semisólido que se desenvolve sobre ou dentro do ovario.
  2. s m BIOL Forma de resistencia de moitas algas, bacterias e protozoos, que se caracteriza pola acumulación de substancias de reserva, diminución de volume, deshidratación e formación dunha cuberta protectora e illante.
  3. s m BIOL Membrana resistente, grosa e impermeable que envolve ás células que se atopan en estado de vida latente.

Formas incorrectas

ciste