quinto -ta

Pliral: quintos Masculino: quinto Masculino plural: quintos Femenino: quinta Femenino plural: quintas
  1. num ord Que ocupa o lugar número cinco nunha serie.
  2. num ord Que equivale a cada unha das porcións que resulta de dividir un todo en cinco partes. Tm s m.
  3. s m recruta.
  4. s m Botella de cervexa que equivale a 1/5 de litro.
  5. HIST
    1. s m Beneficio que, a modo de dereito, percibía un señor ou un monarca sobre as vendas ou concesións e que se correspondía cunha quinta parte do valor das mesmas.
    2. quinto real Tributo percibido pola Coroa de Castela desde a época medieval, que correspondía á explotación das minas dos seus dominios.
  6. s m NUMIS Moeda castelá, referida ao ordenamento de 1373, concedido polo rei Enrique II de Castela.