quen

< lat quĕm
  1. pron rel Introduce, referíndose a persoas, unha oración subordinada en que desempeña a función de suxeito ou complemento, facendo referencia a un elemento anterior.
  2. pron int Introduce, referíndose a persoas, interrogacións directas ou indirectas, con función de suxeito ou complemento.
  3. exclam Introduce, referíndose persoas, enunciados exclamativos, con función de suxeito ou complemento.
  4. indef Funciona como suxeito ou complemento en oracións que forman parte doutra principal e equivale a ‘aquel que’, ‘o que’ ou ‘alguén que’.

Citas

  • Falei cos teus curmáns, quen me contaron o que che pasara, Foi ela quen chamou
  • Quen fora vinte anos máis novo!
  • Quen non mira non pode ver, Quen vaia recibirá un premio
  • Quen vai vir comigo?