queimador -ra

Pliral: queimadores Masculino: queimador Masculino plural: queimadores Femenino: queimadora Femenino plural: queimadoras
  1. adx Que queima.
    1. s m Peza metálica, xeralmente tubular, soa ou incluída nun aparato máis complexo, que bota unha chama polo seu extremo que serve para iluminar ou quentar.
    2. s m Cada unha das pezas que está sobre a cociña de gas, por onde sae e arde o combustible.
    3. s m FÍS Aparato que se utiliza para mesturar un combustible con aire ou osíxeno ou para ser queimado.
    4. queimador Bunsen QUÍM Queimador que se utiliza en traballos de laboratorio que ten unha entrada de aire regulable mediante un anel xiratorio.
  2. s m FÍS Dispositivo de inxección do combustible na cámara de combustión dunha turbina e que, xunto cun sistema de regulamento, permite o axuste e a limitación da súa velocidade e a restrición da temperatura de entrada do gas.