puntual

< lat punctu ‘punto’
Pliral: puntuais
  1. adx Que fai as cousas no momento sinalado.
  2. adx Que é exacto e minucioso.
  3. adx Que afecta ou atinxe a un só punto concreto de algo.
  4. adx LING Aplícase ao aspecto da acción verbal considerada nun momento, nun punto do seu desenvolvemento.
  5. adx FÍS Aplícase ás fontes radiantes de dimensións desprezables.

Citas

  • Adoita ser puntual
  • Deron información puntual sobre o suceso
  • Eses só foron algúns casos puntuais