aplicación

< lat applicatiōne
Pliral: aplicacións
  1. s f Acción e efecto de aplicar ou aplicarse.
  2. s f Posibilidade de servir ou ser utilizado para algo.
  3. s f TÉXT Ornamentación que se pon sobre unha peza de roupa para enfeitala.
  4. s f MAT Correspondencia entre dous conxuntos onde todo elemento do primeiro conxunto ten unha soa imaxe no segundo conxunto.
  5. s f DER/ECON Operación bolsista na que se unen ordes de signo contrario.
  6. s f FILOS Adaptación do sentido dunha situación e momento concretos desde os que se exerce a comprensión do texto interpretado.
  7. aplicación lineal MAT Aplicación establecida entre dous espazos vectoriais, E e F, de xeito que para dous elementos calquera x, y de E cúmprese: f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)= λf(x) onde λ é un escalar.

Sinónimos

Citas

  • A súa aplicación no estudio levouna ao doutoramento
  • A túa cazadora leva unhas aplicacións de flores
  • Unha das aplicacións do algodón é a confección