psicolóxico -ca

Pliral: psicolóxicos Masculino: psicolóxico Masculino plural: psicolóxicos Femenino: psicolóxica Femenino plural: psicolóxicas
  1. adx Relativo ou pertencente á psicoloxía como ciencia.
  2. adx Relativo ou pertencente á psicoloxía, á psique ou ao psiquismo dun individuo ou dun grupo social.
  3. escola psicolóxica ECON Escola económica que se centra na análise das relacións entre o home e a riqueza.
  4. guerra psicolóxica PSIC Conxunto de métodos que se empregan para influír nas opinións, nos sentimentos e nas crenzas dun individuo ou dun grupo social, co fin de determinar as súas actitudes e os seus comportamentos nun sentido ou noutro.