protozoo

< proto- + -zoo
Pliral: protozoos
  1. adx Relativo ou pertencente aos protozoos.
  2. s m PROTISTA Organismo do grupo dos protozoos.
  3. s m pl PROTISTA Grupo de organismos eucariotas e unicelulares, do reino dos protistas, que se alimentan por inxestión, carecen de parede celular e presentan, polo menos, unha etapa móbil no seu ciclo vital. Poden formar colonias e desprázanse mediante cilios, flaxelos ou pseudópodos.

Sinónimos