prótese

< gr πρόθεσις
Pliral: próteses
  1. s f MED
    1. Substitución dun órgano ou dunha parte dun órgano por unha peza ou un aparato especial que reproduce máis ou menos a parte que falta.
    2. Peza ou aparato artificial con que se realiza unha prótese.
    3. Parte da cirurxía que trata a prótese.
  2. s f LING Adición ao comezo dunha palabra dun fonema non etimolóxico.
  3. s f
    1. RELIX Preparación dos pans e do cáliz ao inicio da celebración eucarística, en diversas liturxias orientais.
    2. ARQUIT/RELIX Pequeno espazo, construído ao lado da ábsida principal de moitas igrexas primitivas e de rito bizantino, que forma unha ábsida menor onde os fieis depositaban as ofrendas para a celebración da misa.

Sinónimos