promotor -ra

< lat promotōre
Pliral: promotores Masculino: promotor Masculino plural: promotores Femenino: promotora Femenino plural: promotoras
  1. adx Que promove ou que dá o primeiro pulo a unha cousa. Tm s.
  2. adx Que promove ou financia algo. Tm s.
  3. s m QUÍM Substancia que aumenta de forma considerable a actividade dun catalizador determinado.
  4. s m XEN Segmento de ADN dun operón situado entre un xene operador e o primeiro xene estrutural, que constitúe o punto de recoñecemento e de partida do ARN-polimerase.
  5. promotor da fe RELIX Consultor que nos procesos de canonización ten por misión a tutela dos intereses públicos da Igrexa para que non sexa declarada santa unha persoa da que non estean probadas as súas virtudes heroicas e os milagres.