procedemento

< 1 proceder
Pliral: procedementos
  1. s m Xeito de proceder ou obrar para conseguir un resultado.
    1. s m DER Conxunto de regras que determinan a actuación por trámites xudiciais ou administrativos para a consecución dun fin.
    2. s m DER Concatenación lóxica dos actos efectuados nun proceso, ben polas partes, ben polo tribunal.
    3. procedemento administrativo / DER/ADM Conxunto de actos ou trámites a través dos que se produce a vontade administrativa para o cumprimento dun fin de interese público.
    4. procedemento contencioso-administrativo / DER/ADM Recurso seguido ante a xurisdición contencioso-administrativa sobre as pretensións presentadas con relación aos actos da administración pública suxeitos ao dereito administrativo e ás disposicións de categoría inferior á de lei.
    5. procedemento de oficio DER Obrigación que teñen os xuíces de tomar a iniciativa nalgúns asuntos civís ou criminais.
    6. procedemento económico-administrativo / DER/ADM Procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, inspección e recadación tributaria.

Sinónimos

Confrontaciones