smAquilo de onde unha cousa procede, ou elemento de que consta unha cousa.
smCada unha das causas a partir das que está constituída a realidade.
principio da dualidade indefinidaSegundo dos principios da realidade, de acordo coa doutrina dos principios de Platón, principio de todo cambio, desigualdade e multiplicidade.
principio últimoDeus como causa do universo, do que é creador, conservador e ordenador e ao que lle dá o seu sentido.
smFÍSEnunciado dun proceso físico soportado por un razoamento lóxico que se considera orixe de todos os fenómenos derivados deste proceso físico.
smQUÍMCorpo que está presente na composición dunha mestura natural, especialmente se é característico dela ou lle confire algunha particularidade.
principio de ArquímedesFÍSPrincipio segundo o que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional aplicada ao metacentro, igual ao peso do fluído desaloxado.
principio de BernoulliFÍSExpresión matemática da lei de conservación da enerxía para fluídos perfectos segundo a que ao producirse nun fluído unha corrente estacionaria, a suma da presión estática e da presión dinámica mantense constante ao longo dunha liña de corrente.
principio de CarnotFÍSEnunciado do segundo principio da termodinámica que establece que non é posible construír unha máquina térmica que produza traballo e que intercambie calor cunha única fonte de calor.
principio de ClausiusFÍSUn dos enunciados da segunda lei da termodinámica segundo o que non é posible facer pasar calor desde un corpo frío a outro máis quente sen ter que realizar un traballo.
principio de D’AlembertFÍSPrincipio diferencial da mecánica segundo o que a forza de inercia dun punto material se equilibra coa resultante das forzas sobre el aplicadas, nun sistema non sometido a forzas de fricción.
principio de FermatFÍSPrincipio da óptica xeométrica que establece que o camiño óptico que percorre un feixe luminoso entre dous puntos ten un valor extremo, máximo ou mínimo, respecto a calquera outro camiño óptico que se poida considerar entre estes dous puntos.
principio de HuygensFÍSPrincipio segundo o que todo punto do espazo ao que chega unha onda se converte nun novo foco emisor de ondas secundarias, de maneira que a onda que vai avanzando é a resultante das producidas polos puntos que xa sobrepasou.
principio de Le ChatelierQUÍMPrincipio segundo o que, nun sistema químico en equilibrio sometido a circunstancias esóxenas perturbadoras, o equilibrio tende a desprazarse no sentido de contrarrestar a acción producida. OBS: Tamén se denomina leidodesprazamentodeequilibrio.
principio de MaupertuisFÍSPrincipio que permite atopar a traxectoria dunha partícula sen ningunha referencia ao tempo. OBS: Tamén se denomina principiodemínimaacción.
principio de non-intervenciónDERPrincipio polo que un estado se compromete a non inmiscirse nos asuntos internos doutro.
principio de PascalFÍSPrincipio segundo o que a presión exercida en calquera punto dun fluído, que enche totalmente o espazo que o limita, se transmite en todas as direccións.
principio de relatividade de GalileoFÍSPrincipio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma.
principio de TorricelliFÍSPrincipio segundo o que a velocidade de saída dun líquido por un orificio situado nun nivel h baixo da superficie libre de líquido é a mesma que tería en caída libre desde unha altura igual, é dicir, v= ?—2—gh, sendo g a aceleración da gravidade.
principios xerais do dereitoDERNormas xurídicas de carácter xeral que disciplinan o mundo xurídico dunha determinada comunidade, que non están formuladas por escrito e que adoitan ser invocadas ante os tribunais.