presunción

< lat praesumptĭōne
Pliral: presuncións
  1. s f Calidade de presumido.
  2. DER
    1. s f Feito que a lei ten por certo sen necesidade de probalo.
    2. presunción de inocencia Suposición aplicada a toda persoa nun proceso penal mentres que non exista sentenza firme.

Refranes

  • Dime do que presumes e direiche o que che falta.
  • O carneiro arrufado foi por la e saíu rapado.
  • O moito falar e o pouco saber, o moito gastar e o pouco ter, o moito presumir e o pouco valer logo botan un home a perder.
  • Por campar, fame pasar.
  • Por campar, moitas veces rabear.
  • Teño aquí, teño alí e non teño nin alí nin aquí.