sfRELIXAnuncio público da palabra de Deus, feito en forma de discurso polos ministros autorizados, para así mover os oíntes a recibir dunha maneira consciente e libre a mensaxe da salvación e construír e edificar a Igrexa.
Refranes
Ben predica o que ben vive.
Facede o ben que vos digo e non fagades o mal que eu fago.
Facede o que eu digo e non fagades o que eu fago.
O predicador sementa e o confesor recolle.
Predícame, frade; por unha orella me entra e por outra me sae.