precipitación

< lat praecipitatĭōne
Pliral: precipitacións
  1. s f Acción e efecto de precipitar ou precipitarse.
  2. s f Présa excesiva na realización das cousas.
  3. s f METEOR Auga que procede da atmosfera e que en forma líquida ou sólida se deposita sobre a superficie terrestre.
  4. s f QUÍM Separación dunha solución en forma de precipitado.

Sinónimos

Refranes

  • Aínda non pariu a cabra e xa o cabrito mama.
  • Anda a horne ao trote para levar cachote.
  • Anda o home a galope para levar á fin xarope.
  • Auga calle con arneiro quen se bota de lixeiro.
  • fillo aínda non o ternos e xa nome lle poñemos.
  • Inda non asamos e xa pingamos.
  • Inda non pariu a cabra e xa o cabrito mama.
  • Mentres que está o capador enriba dela, non digas que a parca é túa.
  • Non digas Pillei o gato mentres non o teñas no saco.
  • Non te botes a cantar, se non sabes o que has cantar.
  • O fillo por nacer e as sopas xa están a ferver.
  • O sabio pensa as causas e o parvo fainas.