praga

< lat plaga ‘chaga’
Pliral: pragas
  1. s f Desgraza que afecta a unha comunidade ou a un pobo.
  2. s f
    1. Cantidade elevada dalgunha cousa que resulta moi prexudicial para os seres vivos.
    2. PAT/BOT Proliferación dun organismo vivente que provoca a destrución doutros seres vivos ao invadilos.
  3. s f fig Persoa ou cousa que resulta molesta.
  4. pragas de Exipto RELIX Castigo divino con que Moisés obrigou o faraón a deixar saír de Exipto o pobo de Israel.

Formas incorrectas

plaga