práctico -ca

Pliral: prácticos Masculino: práctico Masculino plural: prácticos Femenino: práctica Femenino plural: prácticas
  1. adx Relativo ou pertencente á práctica.
  2. adx Que só ten en conta as accións prácticas e que se afasta das consideracións teóricas.
  3. adx Que é útil e comporta un proveito inmediato.
  4. adx Que ten práctica en algo.
  5. s MAR
    1. Mariñeiro especializado nunha paraxe determinada dunha costa, que se dedica a coller o mando de barcos ou axudar os capitáns na navegación por aquelas paraxes.
    2. Piloto ou capitán da mariña mercante que dirixe a entrada ou saída de embarcacións dun porto.