poro

< lat poru gr πόρος ‘vía, pasaxe’
Pliral: poros
  1. s m BIOL
    1. Pequeno orificio case imperceptible nunha membrana animal ou vexetal.
    2. Extremo exterior dun conduto estreito.
  2. s m FÍS Intersticio entre as partículas ou moléculas que constitúen un corpo. OBS: Tamén se denomina de poro xerminativo.
  3. s m ZOOL Orificio que nos poríferos permite a entrada de auga.
  4. BOT
    1. s m Orificio dunha parede celular, dun órgano vexetal ou dun gran de pole.
    2. poro areolado Perforación das traqueidas, con resalte que comunica as células adxacentes.
  5. s m XEOL Pequena greta ou espazo oco que hai entre as partículas do solo.
  6. s m ZOOL Orificio por onde saen diversos produtos de excreción.