poñer

< lat ponĕre
  1. v t Colocar algo ou a alguén nun sitio determinado.
  2. v t Facer que haxa unha cousa nun lugar ou no ánimo dunha persoa.
  3. v t estir ou calzar algo.
  4. v t Xuntar diñeiro ou outra cousa para facer algo entre varios.
  5. v t Deixar algo ou a alguén nun estado diferente ao que tiña.
  6. v t Ter imposta, escrita ou anotada algunha cousa.
  7. v t Dar un nome ou alcume a unha persoa ou animal.
  8. v t Enviar unha mensaxe a través de medios de comunicación a distancia.
  9. v t Abrir un negocio.
  10. v t Acender un aparato para que funcione.
  11. v t Botar os ovos unha femia de animal ovíparo, especialmente as aves. Tm abs.
  12. v t Fixar ou establecer algo.
  13. v t Sementar algo.
  14. v pron Quedar algo ou alguén nun estado diferente ao que tiña.
  15. v pron Ocultarse un astro, especialmente o Sol.
  16. v pron Chegar a un sitio nun tempo determinado.
  17. v pron Ocupar alguén un sitio, movéndose desde o que o ocupaba anteriormente

Sinónimos

Citas

  • A nota poñía que chegaría tarde
  • Antes de que os mandasen puxéronse en ringleira
  • Con aquelas preguntas púxoo nun compromiso, Puxo a todos de xeonllos
  • De súpeto pónseme: déixame en paz!, e marchou
  • Entre todos puxeron o día da excursión
  • Hoxe só puxeron dúas galiñas
  • Mándoulle que puxese a lavadora
  • Na horta puxo cebolas e leitugas
  • O can púxolle a saia perdida
  • Pola nova estrada ponse na casa en pouco tempo
  • Pon as xoias no estoxo
  • Poralle un correo electrónico ao chegar
  • Puxeron 20 euros cada un para comprar o regalo
  • Puxéronlle calefación á casa
  • Puxo unha chaqueta e uns zapatos novos
  • Puxo unha libraría
  • Púxolle Sabela
  • Púxose moi triste cando recibiu a noticia
  • Uns poñen a mesa e outros recóllena
Verbo: poñer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poño

pos

pon

poñemos

poñedes

poñen

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poñía

poñías

poñía

poñiamos

poñiades

poñían

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puxen

puxeches

puxo

puxemos

puxestes

puxeron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puxera

puxeras

puxera

puxeramos

puxerades

puxeran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poñerei

poñerás

poñerá

poñeremos

poñeredes

poñerán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poñería

poñerías

poñería

poñeriamos

poñeriades

poñerían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poña

poñas

poña

poñamos

poñades

poñan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puxese

puxeses

puxese

puxesemos

puxesedes

puxesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

puxer

puxeres

puxer

puxermos

puxerdes

puxeren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

pon

-

-

poñede

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

poñer

poñeres

poñer

poñermos

poñerdes

poñeren

Gerundio

poñendo

Participio

posto

posta

postos

postas