polígono

< gr πολύγονως
Pliral: polígonos
  1. MAT
    1. s m Figura plana e pechada formada por varios segmentos rectos, denominados lados do polígono.
    2. polígono esférico Porción da superficie dunha esfera que está limitada por arcos de círculos máximos.
    1. s m Terreo delimitado para unha función concreta.
    2. polígono de tiro BÉL Campo coas instalacións axeitadas para que os soldados poidan exercitarse na execución, observación e manobra do fogo das armas pesadas e das aeronaves.
    3. polígono industrial URBAN Núcleo de crecemento industrial acondicionado e planificado para a localización específica das industrias.
  2. polígono da praia PLANTA herba da becerra.
  3. polígono de forzas FÍS Construción gráfica que serve para atopar a resultante R dun sistema de forzas calquera, que se obtén debuxando vectores fixos representantes das forzas, de xeito que o extremo de cada un sexa a orixe do seguinte.