policía

< lat politīa gr πολιτεία
Pliral: policías
  1. s f
    1. DER/ADM Organización e regulamentación interna dun estado ou dunha colectividade.
    2. Regulamentos establecidos para o mantemento da orde e a seguridade pública.
    1. s f DER/BÉL Corpo ou forza que vela polo cumprimento dos regulamentos establecidos para o mantemento da orde e a seguridade pública. Ten o deber de garantir as liberdades e os dereitos individuais e colectivos, e divídese en policía administrativa, policía de seguridade e policía xudicial.
    2. policía autonómica / DER/ADM Corpo policial civil, xerarquizado, cunha competencia e unhas funcións situadas teoricamente entre as da policía nacional e as das policías municipais ou locais.
    3. policía militar / DER/BÉL Corpo dedicado ao mantemento da orde nos corpos do exército.
    4. policía municipal / DER/ADM Corpo policial dependente dun concello.
    5. policía nacional / DER/ADM Corpo nacional de policía creado en 1978 para protexer os dereitos e liberdades dos cidadáns, e expedir o Documento Nacional de Identidade e o pasaporte. Depende do ministerio del Interior.
    6. policía secreta / DER/ADM Policía nacional que non leva uniforme regulamentario pola confidencialidade do seu traballo.
    7. policía xudicial DER Conxunto de membros das forzas e corpos de seguridade que axudan aos xulgados, aos tribunais e ao ministerio fiscal a resolver os delitos e descubrir e custodiar aos delincuentes.
  2. s Axente que pertence a este corpo.