poli-

  1. pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘moitos’.
  2. pref [QUÍM] Forma prefixada de orixe grega que, anteposta ao nome dun composto ou ión, indica a repetición deste un gran número de veces nunha estrutura de tipo polimérico.
  3. pref [QUÍM] Forma prefixada de orixe grega que, anteposta a un nome ou afixo de clase funcional, indica que este se repite dúas ou máis veces nunha mesma estrutura.